logosMonteSala.png

A lenda do blues de Chicago, Johnny Burgin, este venres na Sala Rebullón xunto á Quique Gómez Band

  • Burgin é unha das figuras máis destacadas do blues de Chicago, un dos guitarristas máis respectados da súa xeración

  • Actúa este venres 21, ás 22 horas, desde 14 euros en anticipada, e compartindo escenario con Quique Gómez, con que gravou o aclamado disco conxunto “Dos Hombres Wanted”

  • E o sábado 22, ás 21:30 horas, a II Foliada “O Son da Rebullón”, xunto a O Son do Pazo, con BÖJ, Exquisitos Ghipes de Merda e foliada aberta ao remate!

Mos, 19 de febreiro de 2025.- Este venres, 21 de febreiro, o auténtico blues de Chicago vai encher a sala Rebullón, que recibe a un dos mellores guitarristas de blues dos Estados Unidos, Johnny Burgin, nun concerto único no que ademais compartirá escenario con Quique Gómez.

O concerto será este venres 21 de febreiro ás 22 horas, desde 14 euros en anticipada, ou 18 euros na billeteira, con entradas aínda á venda online ou na cantina do CSCD As Pedriñas, en Tameiga.

Johnny Burgin (vídeos) é unha das figuras máis destacadas do blues de Chicago. Coñecido polo seu estilo enérxico e auténtico, Burgin trae consigo toda a esencia do blues de Chicago que o consagrou como un dos guitarristas máis respectados da súa xeración. O músico estadounidense, cuxo talento e carisma no escenario lle gañaron o alcume de “Rockin’ Johnny”, presentará en directo algúns dos seus temas máis icónicos.

Burgin vén acompañado por Quique Gómez e a súa banda. Johnny e Quique levan anos colaborando desde que se coñeceron en 2010 no West Side de Chicago, nun concerto de Tail Dragger. En 2019 gravaron xuntos en Austin o álbum "Dos Hombres Wanted", editado polo selo Vizztone ese mesmo ano, aclamado por crítica e público,  e presentado nunha extensa xira por Europa e EE. UU.

Esta colaboración promete unha noite chea de blues do máis alto nivel, que cautivará tanto aos amantes do xénero como a aqueles que desexan descubrir o auténtico son de Chicago en directo. Unha ocasión irrepetible de gozar dunha noite de blues inesquecible, con dous mestres xuntos.