logosMonteSala.png

Dúas lendas do rock local pisan este domingo a Rebullón: Hey Hematoma e Foggy Mental Breakdown

    • Fundada por ex membros de Siniestro Total, Hey Hematoma rende homenaxe ao grupo e revive a esencia e os himnos da mítica banda
 
    • Foggy Mental Breakdown é un referente do rock local e galego dos noventa, con Óscar Avendaño e Eladio Santos como membros orixinais
 
    • Un evento irrepetible con dous titáns do noso rock nunha noite única: este domingo 7 de decembro ás 22:30 horas, desde só 12 euros

Mos, 3 de decembro de 2025.- Este domingo, a Sala Rebullón xunta sobre o escenario a algúns dos sospeitosos habituais do rock vigués e galego. Hey Hematoma e Foggy Mental Breakdown actúan este domingo 7 ás 22:30 horas, con entradas desde 12 euros en anticipada, 15 na billeteira, á venda na cantina do CSCD As Pedriñas e online. 
 
Sen dúbida, o do domingo é un evento ineludible para os amantes do rock máis auténtico e con raíces na nosa terra, un encontro para gozar con temas que xa son historia da nosa música e facer vibrar á fibra máis nostálxica do público galego. 
 
Creado o ano pasado, HEY HEMATOMA é o proxecto promovido por integrantes orixinais de Siniestro Total para manter vivo o legado do icónico grupo vigués. A banda foi impulsada por Miguel Costas, Javier Soto e Andrés Cunha, e completada con Alberto Cunha e Chus Dasilva, co obxectivo de recuperar a esencia do grupo orixinal e recuperar para o directo as cancións máis icónicas de Siniestro. 
 
Na Rebullón seguramente soarán clásicos como “Bailaré sobre tu tumba”, “Miña terra galega”, “¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿A dónde vamos?” o “Camino de la cama”, entre moitos outros, das mans e da voz de tres membros orixinais de “Siniestro”. 
 
Hey Hematoma asegura ao seu público unha experiencia única en directo, un verdadeiro revival para os nostálxicos da “movida viguesa” e unha homenaxe inmellorable ao grupo máis influínte do punk-rock que xurdíu en todo o estado: Siniestro Total!
28.11_ESKORZO-min.png