logosMonteSala.png

The Brooklyn Gorillas: Experiencia, calidade e moito Rock&Roll para conquistar o escenario dos solpores.

  • Os Solpores da Rebullón volve unha semana máis cunha nova cita cultural, apostando pola música en directo, as artistas locais e o encontro comunitario.

  • The Brooklyn Gorillas presentará algúns dos seus novos temas gravados no estudio Escusalla Sonora.

Mos, 13 de agosto de 2025.-

O ciclo cultural Os Solpores da Rebullón continua cunha nova aposta por bandas emerxentes no mes de agosto e cun público cada vez máis fiel que ven disfrutar da boa música e do bo ambiente sobre o escenario exterior do CSCD As Pedriñas (Tameiga, Mos). Despois dun intenso comezo de mes no que nos visitaron Three Soul, Quique Gómez & Curro Serrano e Anxo Araújo, afrontamos o mes coas tres últimas citas dos solpores deste ano.

The Brooklyn Gorillas é unha banda de rock & roll formada recentemente, no 2024, por músicos cunha longa traxectoria na escena galega. O seu debut en directo tivo lugar o 3 de xaneiro de 2025, compartindo cartel coa banda viguesa Nando & The Werewolves na sala La Fábrica de Chocolate Club (Vigo). A medida que os días se fan máis curtos, adiantamos a hora dos concertos para que sigamos disfrutando de música ao solpor, polo que non vos perdades este xoves 14 de agosto o concerto ás 20:30h.

Con esta iniciativa, Os Solpores da Rebullón continuan consolidándose en agosto como unha cita imprescindible do verán na comarca, apostando pola cultura de proximidade, a música en directo e os encontros comunitarios.