Zurrumalla leva 25 anos difundindo a mellor tradición musical da nosa terra. Os gaiteiros fan unha festa de cada actual, cun estilo baseado no tradicional e aproximado a un folk propio, con composicións e arranxos que soan a novos aires na música galega.
Os Residuos Atractivas, como grupo, formouse no 2010, mais só contan con dous traballos editados. Dado o seu gusto pola retranca, a banda decidiu titular ao seu novo traballo cun “Antes molabamos” que di exactamente, afirman, o contrario do que senten. Como palabra xenérica, o residuo fala do que sobra, mais “os Residuos cantamos ao que non nos sobra, e atractivas son as cancións que nos restitúen o que a vida nos vai queimando”.
Por último, a Orquesta Neverloura é un grupo formado por compoñentes de Neverside e de Vacaloura, que prometen poñer ao público en pé, a bailar e gozar coa súa interpretación de temas clásicos e moi divertidos, desde versións de Chenoa ata de Oliver y Benji. Para non perdelo.
O domingo 9, teatro
A fin de semana continúa con máis cultura na Sala Rebullón. O domingo, 9 de marzo, ás 19 horas, a compañía de teatro “Santa Eulalia” representará “O Complexo”, a obra do afamado autor galego Eduardo Blanco-Amor, con entrada de balde.
É unha comedia chea de enredos e situacións disparatadas. A historia lévanos á casa dunha familia adiñeirada onde Dona Redegunda, unha muller un tanto histérica e despistada, e os seus tres fillos afrontan un día que se converterá nun auténtico caos. Entre confusións, desmaios e equívocos, os malentendidos multiplícanse ata límites insospeitados, co resultado de humor e risas entre o público.