logosMonteSala.png

Vio-lence, a mítica banda de metal de San Francisco, este venres na Sala Rebullón

  • Único concerto en Galicia dunha das bandas máis e respectadas do thrash metal mundial, na súa primeira xira por salas da península, con paradas en Madrid, Barcelona, Lisboa, Sevilla, Valladolid, Vitoria e Mos

  • Xunto aos asturianos Blast Open, Vio-lence actúan na Rebullón o venres 2, ás 20:30 horas, con entradas desde 18 euros

  • Ademais, a sala Rebullón acolle o sábado 3 o Napalm Fest, con catro grupos: The Ancient Arrival, Cabodano, Beach Avenue e Vákner

Mos, 30 de abril de 2025.- Fin de semana de metal de calidade na Sala Rebullón. Este venres, 2 de maio, fai parada en Mos unha lenda do thrash metal, Vio-lence, formada no 1985 en plena eclosión da escena “Bay Area Trash Metal” de San Francisco, berce de bandas icónicas do xénero.

Os estadounidenses, coñecidos polo seu son agresivo e letras contundentes, incluíron á Rebullón na súa primeira e agardada xira por salas de España e Portugal, cunha única actuación en Galicia e só sete concertos na península: Madrid, Barcelona, Lisboa, Sevilla, Valladolid, Vitoria e Mos.

Parte do “Big Six” do trash metal da Bay Area xunto a Exodus, Testament, Death Angel, Lȧȧz Rockit e Forbidden, Vio-lence é referencia obrigada na evolución do xénero. A súa formación máis recoñecida incluíu a figuras como Phil Demmel e Robb Flynn (logo fundador de Machine Head), Deen Dell, Perry Strickland e o carismático vocalista Sean Killian, quen segue á fronte do grupo.