logosMonteSala.png

Segunda cita da semana para comezar agosto de solpores con moita música. Turno para Quique Gómez & Curro Serrano.

  • Os Solpores da Rebullón estrean agosto cunha semana na que presentan tres citas culturais, promovendo a música en directo, artistas locais e o encontro comunitario.

  • Quique Gómez & Curro Serrano presentan VOL.1 no escenario dos solpores da rebullón.

Mos, 6 de agosto de 2025.-

O ciclo cultural Os Solpores da Rebullón continua a estrea do mes de agosto cunha semana chea de música e bo ambiente sobre o escenario exterior do CSCD As Pedriñas (Tameiga, Mos). Despois do éxito de Three Soul, continuamos a pola segunda cita semanal coa música ao vivo nun entorno natural e familiar.

Quique Gómez & Curro Serrano subirán ao escenario dos solpores para presentar un proxecto con moita traxectoria que aposta pola música sen posproduccións nin trucos. Non vos perdades este mércores 6 de agosto ás 21h un concerto dun dúo que levan facendo música xuntos dende o instituto.

Con esta iniciativa, Os Solpores da Rebullón comezan agosto consolidándose como unha cita imprescindible do verán na comarca, apostando pola cultura de proximidade, a música en directo e os encontros comunitarios.