logosMonteSala.png

OMIRI, a nova sensación da música portuguesa, este sábado na Rebullón

    • Actúa o sábado 15, ás 22 horas, desde só 10 € en anticipada, cun espectáculo que combina a electrónica co folklore portugués

    • OMIRI é a reinvención da música tradicional lusa, que chega á Rebullón con MJ Pérez e DJ Gaiteirinho como artistas convidados

    • Este venres 14, ás 22 h, “minifestival” de talento galego, con Antón Ke, Michu & Pacheco, Zeltia Irevire e Xenderal, desde 12 €

Mos, 12 de febreiro de 2025.- O sábado, 15 de febreiro, a sala Rebullón acolle o agardado concerto da nova sensación da música portuguesa. OMIRI, o innovador proxecto do músico portugués Vasco Ribeiro Casais, desembarca en Tameiga coa súa singular mistura de tradición portuguesa e electrónica, que ademais presenta nun espectacular show multimedia.

A actuación de OMIRI na Rebullón será este sábado 15 ás 22 horas, con entradas desde 10 euros en venda anticipada, máis gastos de xestión, ou 14 na billeteira. Ademais de OMIRI, o público tamén poderá gozar o sábado de dous artistas convidados: a cantautora e produtora MJ Pérez e o portugués DJ Gaiteirinho, que promete facer bailar cos seus ritmos folk e world music.

Nos seus sete anos de traxectoria cultural, OMIRI posiblemente foi o espectáculo que máis sorprendeu ao público da Rebullón, pola súa fusión única de tradición portuguesa con bases electrónicas urbanas e actuais. Así, elogo do exitoso concerto do pasado ano, OMIRI regresa a Tameiga e con novidades.

Este sábado, OMIRI vai presentar o seu novo traballo, “Modas Novas e Algumas Velhas”, no que afonda na reinvención da rica tradición músical portuguesa coa que está a causar sensación. De feito, o seu xa é un proxecto internacional, que presentou en festivais como o Womex, Reeperbahn, Eurosonic, Rudolstadt, Kaustinen, Viljandi, Dranouter, Live at Heart, Exib Música, Iminente, WestWay Lab, Med e Artes á Rúa, entre outros.

Outro dos elementos salientables da proposta cultural de OMIRI é o seu espectáculo, totalmente innovador, no que incorpora gravacións vídeos e sons que se misturan co actuación, ata crear unha atmósfera única.