logosMonteSala.png

Six Legged Elephant: Sangue nova para recuperar o rock alternativo vigués

  • Os Solpores da Rebullón volve unha semana máis cunha nova cita cultural, apostando pola música en directo, as artistas locais e o encontro comunitario.

  • Six Legged Elephant promete unha mezcla de música estraña e difícil de imaxinar!

Mos, 20 de agosto de 2025.-

O ciclo cultural Os Solpores da Rebullón aproximase ao seu remate coas dúas últimas citas do mes de agosto. Seguindo coa filosofía das propostas, continuamos cunha aposta por bandas emerxentes, sendo neste caso unha banda viguesa de recente creación que ven con fame de comerse o escenario exterior do CSCD As Pedriñas (Tameiga, Mos). Despois dun intenso comezo de mes no que nos visitaron Three Soul, Quique Gómez & Curro Serrano, Anxo Araújo e por último The Brooklyn Gorillas, afrontamos o remate do ciclo coas mesmas ganas de música e de espectáculo que o primeiro día. 

Six Legged Elephant é unha banda viguesa de rock alternativo formada no 2024 e que tras a publicación do seus primeiros EP e o seu primeiro videoclip "Awfull", está neste 2025 en pleno proceso de gravación de novos temas. A súa música e letras abordan temáticas sociais e existenciais, como o arrepentimento, a adicción, a angustia ou a esperanza. Ao igual que no concerto anterior e para aproveitar mellor a luz do día e a maxia do solpor, este concerto levarase a cabo ás 20:30h o vindeiro xoves 21 de agosto.

Con esta iniciativa, Os Solpores da Rebullón continuan consolidándose en agosto como unha cita imprescindible do verán na comarca, apostando pola cultura de proximidade, a música en directo e os encontros comunitarios.