Sanguijuelas del Guadiana
Ao día seguinte, o domingo 1 de xuño, a Sala Rebullón ofrecerá a actuación dos extremeños Sanguijuelas del Guadiana, unha aposta pola autenticidade e o compromiso vital coa música.
A orixe da banda está en tres amigos, Carlos, Juan e Víctor, que aos seus vinte e poucos anos de idade decidiron dar forma e nome a esas reunións con instrumentos que de mozos facían por diversión.
Criados en plena Siberia Estremeña consumen a súa infancia xogando nas rúas, facendo casas de palets, participando nas festividades locais e tendo un primeiro contacto coa música na banda municipal do seu pobo, Casas de Don Pedro. Estas experiencias espertaron neles unha paixón pola música, que evolucionou cara a tardes enteiras interpretando á súa maneira temas de Extremoduro, Triana, Estopa e Nirvana, entre outros.
Logo de probar sorte en cidades como Cáceres ou Madrid, decidiron regresar ao seu pobo cun propósito firme: solidificar a súa formación como grupo, dedicarse a compoñer, comprometerse seriamente co proxecto e ensaiar intensamente.
Sanguijuelas del Guadiana é o resultado dese regreso ás raíces, unha aposta pola autenticidade e o compromiso coa súa música e os seus soños. O resultado, este domingo 1 de xuño ás 20 horas na Rebullón, con acceso por billeteira inversa, co que o público abonará ao remate a cantidade que considere xusta polo espectáculo.
|